CRTVG

Buscar

O Lugo e o Deportivo deixaron derbis históricos

Publicado o 18/05/2019 15:14
Ambos equipos enfrontáronse en quince partidos oficiais

Máis aló dos quince partidos oficiais disputados entrambos ao longo da historia, tres deles na Segunda división, dous en Terceira e dez na Copa, os Lugo-Deportivo quedaron marcados por outros feitos salientables.

Como o que tivo lugar en agosto do 92 no debú de Bebeto co Deportivo, resolto cunha tripla en dezaito minutos. O brasileiro chegara esa mesma mañá a Coruña e desde alí desprazouse ata Lugo onde só disputou a primeira metade, tempo máis que suficiente para deixar mostras da sua capacidade goleadora. Esta foi a súa carta de presentación.

Bebeto. R.C. Deportivo. "Eu son un goleador, e para todos os goleadores é moi importante comezar marcando no primeiro partido. Creo que para ser o noso primeiro partido estivemos a un nivel máis alto do que se podía agardar".

Outra das imaxes que nos deixou o derbi romano tivo lugar en xuño de 2004, cando o Deportivo semifinalista da Champions acudiu solidariamente a Lugo para axudar ao plantel lucense, en Terceira división e con graves problemas económicos que facían pensar nunha posible desaparición.

Dous anos despois, a Copa Xunta deixounos dous goles de videoteca. O primeiro de Pablo Martínez desde o medio campo.

E o segundo de Pablo Martínez cos que o Lugo eliminaba ao Deportivo.

A última visita do Deportivo a Lugo tivo lugar o pasado mes de agosto na pretemporada, na que os herculinos venceron por dous a un.

Noticias web

18/05/2019