CRTVG

Buscar

O Lugo e Luis César xóganse máis ca tres puntos o domingo diante do Málaga

Publicado o 02/04/2021 21:16

Sabendo que a paciencia do presidente Tino Saqués é tan limitada, a pregunta ó remate do quinto partido de Luis Cesar no Lugo era moi pertinente. Se teme a súa destitución.

Cinco partidos, tres empates e dúas derrotas. Máis cerca do descenso, a catro puntos. Luis César era o revulsivo que buscaba Saqués cando botou a Nafti con estes argumentos.

O troco implicou un cambio de estilo radical do fútbol directo ó combinativo. Luis César di que terá que darlle unha volta. Tamén o dixera cando perdeu o seu penúltimo partido co Deportivo.

Na seguinte xornada gañou pero xa estaba Vazquez en camiño. A Tino Saqués, con 11 adestradores en cino anos e medio no cargo, sabemos que non lle treme o pulso.

Favorece o adestrador que en dous días volve xogar o Lugo. O domingo contra o Málaga no Anxo Carro, que deixou de ser un fortín. Pode ser un ultimato.
 

Noticias web

02/04/2021