O Lugo decidirá o xoves o futuro de Eloy Jiménez
Publicado o 24/12/2019 10:47
O Lugo celebrou xunta xeral de accionistas, e nesa asemblea aprobáronse as contas. O Lugo pecha un orzamento de 9 millóns e medio de euros e contempla rematar a temporada con beneficios.
Sobre a continuidade de Eloy Jiménez, o presidente non confirmou a súa continuidade. Saqués matizou que este xoves se reunirá a xunta directiva e tomarase unha decisión sobre o adestrador.