CRTVG

Buscar

O Lugo de Luis César sumou tres puntos dos últimos dezaoito

Publicado o 05/04/2021 20:19

Dende que Luis César se fixo cargo do Lugo, o equipo leva tres de dezaoito puntos posibles. Tres derrotas consecutivas, a última onte ante o Málaga, cun gol no minuto 85.

Mellorou a imaxe, dominou boa parte do encontro, pero un erro defensivo condenou os lucenses.

O Lugo leva once partidos sen gañar, cae na táboa a tan só tres puntos do descenso. Outro dato. Juanfran fora destituído por gañar só un partido de cinco disputados. Son horas delicadas para o futuro de Luis César.

Noticias web

05/04/2021