CRTVG

Buscar

O Lugo de Albés remonta para sumar a primeira vitoria da temporada

Publicado o 14/09/2021 21:59

"A segunda parte foi fútbol emoción", declarou o adestrador Rubén Albés.
O Lugo logrou a súa primeira vitoria a base de fútbol e de fe. Porque o que non lle deu a primeira media hora de bo xogo deullo a afouteza que sacou no segundo tempo.

O gol de Gerard Valentín na primeira media hora foi un premio escaso para os méritos do Lugo. E a vantaxe estragouna encaixando dous goles a balón parado, cos que o Huesca marchou ao descanso en vantaxe. Un momento delicado para o cadro galego, que reaccionou cun discurso de Albés que debeu parecerse a este: "No momento en que non esteamos a este nivel estamos fodidos".
Xavi Torres : "No descanso o adestrador volveunos activar".

No minuto 82 o Lugo conseguiu o gol do empate: Pita puxo a pelota na área e Manu Barreiro meteu a punteira e cazou un balón que o porteiro do Huesca non controlou. E dous minutos despois, co partido tolo e o Lugo a por todas, Chris Ramos centrou para que Cuéllar marcara o terceiro. Tivo que certificalo o VAR pola dúbida do fóra de xogo. "Puido saír mal e entón sinalarían o adestrador, que arriscou demasiado", sincerouse Albés. 

Tres puntos cos que o Lugo da un salto á zona media da clasificación.

Noticias web

14/09/2021