CRTVG

Buscar

O Lugo comeza a carreira pola permanencia cun decisivo partido en Santander

Publicado o 13/06/2020 13:15

O Rácing mailo Lugo parten rumbo ao descoñecido. Esa é a sensación que transmiten tanto Oltra coma Curro Torres nesta nova etapa que comeza. Para o adestrador do Lugo "é una incógnita o rendemento que teñamos nós e o do resto dos equipos, pero eu agardo un partido do meu equipo con boa intensidade, concentrados, que non cometamos erros,que saibamos ler cada momento do partido."

Racing e Lugo chegan a este partido situados en zona de descenso cunha diferencia de seis puntos favorable aos lucenses. De ahí que o encontro se presente decisivo, sobre todo para os cántabros que empataron a un en Lugo. Os dous técnicos botan as súas contas para a permanencia. Oltra fala de gañar sete partidos e Curro Torres en rematar entre os 48 e 50 puntos.

A ausencia do mancado Peybernes, tres veces elixido mellor xogador do mes, é a baixa máis salientable do conxunto lucense.

Noticias web

13/06/2020