CRTVG

Buscar

O Lugo afronta unha gran final no campo do Albacete

Publicado o 17/05/2021 21:11

O Lugo gañou a base de corazón o partido que tiña perdido ante o Mirandés. A onde non chegou empurrouno o entusiasmo. Pero esa non pode ser a única receita para a final ante o Albacete.

O Lugo empeza a xornada a un punto da salvación e podería rematala fóra do descenso, pero Rubén Albés non quere facer contas e en Albacete ven a un Lugo en crecemento logo do triunfo ante o Mirandés.

Rubén Albés terá que facer fronte ás ausencias de Carrillo, Canella, Pita e Iriome.

Noticias web

17/05/2021