CRTVG

Buscar

O Lugo afronta un partido chave pola permanencia co Sabadell

Publicado o 27/03/2021 14:08

O Lugo e o Sabadell confrontan as súas malas xeiras nun partido chave para a permanencia. Os lucenses acumulan oito partidos sen gañar catro deles na casa onde leva dous encontros sen marcar.

O Sabadell pola súa parte suma seis xornadas sen vencer e perdeu nas tres últimas saídas. Os dous técnicos, sen embargo, amósanse satisfeitos co que viron nos últimos compromisos.

Luis César. Adestrador do C.D. Lugo. "Estou contento, eu creo que facendo partidos coma o do outro día estamos moi cerca de gañar e ogallá o podamos repetir este domingo ás dúas da tarde, pero mellorando a nosa puntería".

Antonio Hidalgo. Adestrador do C.E. Sabadell. "Fixemos unha boa primeira parte na que estivemos ben axustados, pero ó final o tema de repetir ou non vai no que o rival te poda propoñer."

Os dous equipos teñen ante si unha semana complicada, con tres partidos de Liga, nos que o Lugo non poderá contar con cinco xogadores ante o Sabadell. Juanpe por sanción e catro convocados coas súas seleccións.

Luis César. Adestrador do C.D. Lugo. "Hai jet-lags, porque non se van xogar ahí ó lado ó país veciño, deste xeito está montada a competición. Evidentemente é un contratempo importante para os equipos que perdemos xogadores".

Manu Barreiro e Mackay, de novo fronte a fronte. No último partido entrambos, o santiagués marcoulle de penalti no último minuto.

Noticias web

27/03/2021