CRTVG

Buscar

O Lugo afronta con sete baixas o partido diante do Mirandés

Publicado o 05/12/2020 14:22

As lesións están a condicionar ao Lugo nesta primeira volta. O encontro ante as Palmas deixou dúas novas víctimas, o Puma Rodríguez e Iriome. Nafti amósase preocupado: "Si me preocupa porque non é normal, non? Falarémolo con frialdade, falarémolo."

A lista de damnificados nestas dezaseis xornadas e tan extensa que Nafti podería completar con eles un equipo con suplentes. Trece mancados, algún dos cales, como no caso de Pita, Iriome, Valentín ou o Puma Rodríguez recaeron ou ben sufriron outra lesión distinta. O técnico evita autocompadecerse aínda que non pode disimular o seu enfado.

O parte reflicte que entre lesións e sancións o equipo viaxou con sete baixas que obrigaron ao técnico a convocar a Quindimil e Morais do filial.

Noticias web

05/12/2020