CRTVG

Buscar

O lugar de Nogueiras, en Carballeda de Valdeorras, será aldea modelo

Publicado o 07/06/2021 20:21

A Consellería do Medio Rural vai recuperar unha cereixa autóctona do Larouco, a variedade coñecida como "cereixa de alforxa".

É unha das propostas que fixo o conselleiro, José González, durante unha visita á comarca de Valdeorras, que o levou tamén ata as empresas da lousa e a unha aldea de Carballeda, candidata para ser aldea modelo de loita contra os incendios forestais.

No Larouco, González tamén visitou unha vivenda rehabilitada pola consellería. Todo, dixo, encamiñado a recuperar a actividade no rural: "Porque ao mesmo tempo que acadamos o obxectivo de que haxa actividade agrogandeira rendible, estamos loitando contra os incendios forestais e, ao mesmo tempo, recuperando terra con valor engadido para que poida vir xente que poida arrendar casas coma esta que acabamos de rehabilitar".

Noticias web

07/06/2021