CRTVG

Buscar

O Luga reforza o ataque con Tete Morente

Publicado o 25/01/2019 16:58

Un futbolista de ataque. Vinte e dous anos. Procede do Nástic de Tarragona. Xogou catorce partidos esta temporada e marcoulle un gol ao Deportivo. Un soberbio gol. Morente formouse na canteira do Atlético de Madrid. Actúa na esquerda, desborda e golpea coa dereita.

E mañá o Raio Majadahonda no Anxo Carro. O Lugo tratando de progresar como local na casa coa presenza das ultimas incorporacións. Alberto Monteagudo, adestrador do CD Lugo: "Vimos dunha traxectoria na casa boa, pero fáltannos igual os tres puntos contra o Estramadura en que ademais se nos puxo o marcador a favor, co Sporting. Xa nos toca gañar na casa e sería contra un rival a día de hoxe directo, e creo que sería un paso adiante para a crenza do futbolista, e máis neste período en que acabamos de asinar xogadores que chegan novos, que a algúns futbolistas de aquí se lles levantan as orellas porque chegaron xogadores novos."
 

Noticias web

25/01/2019