O lobo mata dúas ovellas nunha explotación de Celeiro
Publicado o 10/09/2019 12:09
O lobo matou dúas ovellas nunha explotación de Celeiro, na Mariña luguesa. O dono da explotación denunciou que tamén lle faltan un cordeiro e o can. O ataque nesta ocasión foi a carón da casa.
Con estas perdas, a explotación suma xa 28 baixas no seu rabaño dende o mes de abril. Os intentos do gandeiro por frear os ataques achegando o rabaño á casa non lle deron resultado.
O home di que tratará de vender as ovellas que lle quedan, xa que, comenta, os continuos ataques fan insostible a explotación.