O lobo mariño Doqui reaparece en Vigo
Publicado o 23/08/2021 21:08
A presenza dun lobo mariño chamou a atención dos bañistas que esta tarde se atopaban nunha praia viguesa. Trátase de Doqui, o lobo mariño que apareceu en Caión o verán pasado e, desde entón, percorre a costa galega de norte a sur.
Segundo os expertos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, o exemplar permanece deitado nunhas rochas, simplemente descansando, e piden que o deixen continuar así ata que volva decidir marchar sen perturbar a súa tranquilidade, sen tocalo e, por suposto, sen darlle de comer.