CRTVG

Buscar

O limiao Carlos Canal gañou a primeira medalla do ciclocrós español nunha Copa do Mundo

Publicado o 23/01/2019 20:03

Saiban que xa se coñece a convocatoria para o Mundial de Ciclocrós que se disputará a comezos de febreiro. Hai dous galegos nesa listaxe. Iván Feijóo en sub 23 e Carlos Canal, campión de España e bronce na Copa do Mundo celebrada en Francia, en júnior. 

De volta a terras ourensás, Canal prepara o grande obxectivo, o mundial júnior de dentro de dez días. Despois do bronce en Francia volverase probar a vindeira fin de semana en Holanda na última proba da Copa do Mundo. Carlos Canal, campión de España júnior de ciclocrós "Cando ves que é factible estar diante cos mellores do mundo e poder acadar un podio como foi esta fin de semana, empezas a ter claro cales son os obxectivos, empézalo a ver máis posible e a traballar máis duro por iso".

Carlos Canal é un novo produto da inesgotable canteira do Club Ciclista Maceda, que tamén estará representada no mundial polo sub23 Iván Feijóo. Carlos Canal. campión de España júnior de ciclocrós "Uns tiramos dos outros, o que serve para motivar os que veñen detrás e que este bo nivel continúe no tempo".

O ciclista limiao, de 17 anos, gañou a primeira medalla da historia do ciclocrós español nunha proba da Copa do Mundo.
 

Noticias web

23/01/2019