CRTVG

Buscar

O líder mundial da pescada aposta polas orixes e inaugura planta en Vigo

Publicado o 14/05/2021 14:50

Iberconsa fai mañá 40 anos da súa fundación pero pedíronlle ao presidente da Xunta que lle soprase hoxe xa as candeas da torta de aniversario. Foi tras visitar a planta de procesado que abriron en Bouzas. 15 millóns de euros de investimento e 150 empregos malia a pandemia a cargo dun grupo que mantén sede en Galicia malia cambiar de donos.

"Malia os cambios accionariais o centro de decisión deste grupo segue sendo Galicia, onde estamos moi orgullosos e nos sentimos moi arroupados", afirmou Alberto Freire, CEO de Iberconsa.

O presidente da Xunta suliñou que Iberconsa é o primeiro produtor mundial de pescada e gambón, pesca en todos os océanos do mundo e ten plantas en Europa, África e América.

"Esta planta é volver apostar por Vigo e polas orixes e é moi sigbificativo que unha empresa que ten accionistas moi esixentes siga xestionándose dende Vigo e cun equipo directivo que nunca perdeu de vista que aquía naceu e aquí quere segur facturando, tendo os seus servizos centrais e pagando os seus impostos en Galicia", destacou Alberto Núñez Feijóo.

A fábrica de Bouzas produce 15.000 toneladas ao ano pero ten capacidade para aumentalas.

Noticias web

14/05/2021