CRTVG

Buscar

O líder do PSdeG urxe a Xunta a que vacine os mariñeiros galegos

Publicado o 06/05/2021 15:27

O líder dos socialistas galegos esíxelle á Xunta que priorice a vacinación dos mariñeiros. Gonzalo Caballero cre que hai un debate fictitio sobre este asunto, e pon como exemplo o criterio empregado polo País Vasco e Cantabria para vacinar o sector.

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG: "Mentres o País Vasco vacinou dende o primeiro momento os mariñeiros, en Galicia, a Xunta, que o podía facer, non o fixo. É hora de que o priorice, especialmente aqueles de altura".