CRTVG

Buscar

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, critica en Sarria as listas independentes de ex-socialistas

Publicado o 18/05/2019 15:30

Os socialistas apostan por políticas de reequilibrio territorial para dinamizar os concellos rurais galegos. Díxoo Gonzalo Caballero en Sarria, onde apoiou á candidata do PSdeG e criticou as listas independentes promovidas por ex socialistas nesta e noutras vilas. Gonzalo Caballero visitou Sarria e avogou por combatir o abandono do rural fomentando políticas de reequlibrio territorial. A candidata á reelección, que sinalou a creación de solo industrial como un dos seus grandes obxectivos.


Caballero pediu o voto para López e criticou a lista independente presentada en Sarria por Claudio Garrido, que fora alcalde polo PSOE durante dous mandatos. Unha situación semellante á de Monterroso, onde o histórico socialista Antonio Gato, ex alcalde durante 16 anos, preséntase como independente, algo que criticou o ex ministro José Blanco. Blanco e Caballero respaldaron ao candidato Rafael García

 

Noticias web

18/05/2019