O líder de Ciudadanos en Castela e León defende a abstención na investidura
Agrávase a crise interna en Ciudadanos á conta da súa estratexia de pactos. Esta mañá, o líder do partido en Castela e León pedíalle á dirección que se absteña na investidura de Pedro Sánchez.
O sector crítico de Ciudadanos insiste: Rivera debería pactar cos socialistas. Díxoo esta mañá o líder do partido en Castela e León, que avoga pola abstención na investidura a cambio dun acordo programático.
Pero o núcleo duro do partido mantén o non a Sánchez. O debate sobre a estratexia de pactos abriu unha fenda en Ciudadanos.
A cúpula nega tal crise e recórdalles aos críticos que onte mesmo ratificaron a súa estratexia con tan só catro votos en contra.
Toni Roldán e Javier Nart abandonaron a dirección do partido. Manteñen os cargos, pola contra, os críticos Luis Garicano e Francisco Igea.