CRTVG

Buscar

O líder da Fronte Polisaria declarará ante a Audiencia Nacional o 1 de xuño

Publicado o 26/05/2021 19:25
O líder da Fronte Polisaria declarará ante a Audiencia Nacional o 1 de xuño

O líder da Fronte Polisaria, Brahim Ghali, internado nun hospital de Logroño, declarará ante a Audiencia Nacional o 1 de xuño de forma telemática.

Ghali está citado por unha querela que interpuxo contra el un activista español acusándoo de delitos de lesa humanidade, detención ilegal e torturas, cometidos supostamente nos campamentos polisarios de Tinduf. O mesmo día da súa declaración notificaráselle outra querela por xenocidio presentada pola Asociación Saharauí para a Defensa dos Dereitos Humanos.

A ministra de Asuntos Exteriores asegurou hoxe que Ghali sairá de España cando estea fóra de perigo.

Noticias web

26/05/2021