CRTVG

Buscar

O Liceo xogará a final da Copa logo de remontarlle ao Caldes

Publicado o 12/06/2021 21:30

DEPORTIVO LICEO 4 - CALDES 1

Gran remontada do Deportivpo Liceo para estar mañá na final da Copa do Rey. O equipo coruñés saiu a polo partido pero a primeira parte saiulle revirada.
Non tirou proveito do cartón azul a Sergi Miras no minuto 3. Jordi Adroher non puido superar a Gerard Camps, nun gran primeiro tempo do porteiro visitante.
E o Caldes conseguíu adiantarse, tras un roubo e contragolpe de 3 contra 2. Cristian Rodríguez rematou cun disparo que sorprendeu a Carles Grau.

0 a 1 no minuto 7 e a reacción do Liceo non chegaría ata a segunda parte.
Pero tralo descanso non se fixo agardar a remontada. Nada máis comezar, con este tanto de Jordi Adroher, atento para rematar en boca de gol.

E moi pouco despois, o 2 a 1 tras unha boa xogada de combinación: disparo de Di Benedetto que remata co gol de Dava Torres. Perfecto o coruñés buscando o oco onde golpear a bola co seu bastón.

Logo o partido volvéuselle atragoar ao Liceo, que desperdiciou dous libres directos, e tivo un remate de Marc Grau ao ferro da portería.
Pero no minuto 44 chegaría o terceiro. Disparo de César Carballeira e, en xogada semellante á anterior, Marc Grau agora si envía a gol a bola do rexeite.

Tranquilidade para a recta final. E aínda quedou a cuarta oportunidade de bola parada. Esta non a desaproveitou César Carballeira. O coruñés mantivo a concentración para selar o 4 a 1 final.
O Liceo loitará mañá, na casa, pola Copa do Rei que non gaña dende hai 17 anos.

Noticias web

12/06/2021