O Liceo visita un Barcelona ferido polas últimas derrotas ante os galegos
Publicado o 22/10/2021 13:25
O primeiro Barça-Liceo da Liga chega con picante. O Liceo gañoulle os dous últimos títulos ao Barcelona. E iso, en Can Barça, sempre doe.
Este ano, no que haberá play-off final, o partido non é tan decisivo coma outros. Pero non hai clásico intranscendente.
Unha batalla da que dará conta a segunda canle e a web da Televisión de Galicia o domingo dende as doce e cuarto.