CRTVG

Buscar

O Liceo mídese co Voltregá en Riazor nos cuartos de final da Copa do Rei (20:45, G2)

Publicado o 10/06/2021 14:10

Igualou a súa mellor marca histórica de puntos na Liga, un fito salientable, pero na conta do Liceo desta temporada falta algo: ese título que busca desde hoxe na casa. A data está marcada en vermello

Un obxectivo para o que hai que dar tres pasos: o primeiro, superar hoxe o Voltregá nos cuartos. Na Liga gañáronlle por 4-1, pero  esta é outra historia. Calquera prevención é pouca.

Tras caer nas dúas últimas finais de Copa a mans do Barcelona, e co apoio de máis dun milleiro de fieis na bancada, o Liceo ve nesta edición a súa gran oportunidade. A cita do ano, que poderán seguir pola G2.

Noticias web

10/06/2021