CRTVG

Buscar

O Liceo loitará polo primeiro título da temporada tras derrotar o Caldes 5-1

Publicado o 11/09/2021 21:15

O equipo coruñés derrotou o Caldes por cinco a un na semifinal da Supercopa de España, que se disputa en Noia.

O inicio de partido por parte do Liceo foi impecable, e logrou tres goles nos primeiros doce minutos. Roberto Di Benedetto, aproveitando un erro defensivo, César Carballeira e Marc Grau marcaron os tantos que lle daban unha cómoda vantaxe ao conxunto adestrado por Juan Copa.

O tres a cero mantívose durante moitos minutos, ata que Xavi Rovira lograba recortar mediado o segundo tempo. O Liceo aguantou ben os seguintes intres do encontro e sentenciou cos primeiros goles en competición oficial de Jordi Burgaya, autor dun golazo, e de Álex Rodríguez, as dúas incorporacións para esta temporada. Mañá, ás oito menos cuarto, a gran final, na segunda canle da Televisión de Galicia.

Noticias web

11/09/2021