CRTVG

Buscar

O Liceo leva ao Concello da Coruña a súa décima Copa

Publicado o 14/06/2021 20:40

Houbo que esperar 17 anos, pero pagou a pena. O Liceo volve ser campión da Copa do Rei. Os heroes da final foron recibidos polas autoridades municipais, coa alcaldesa Inés Rey á fronte. A cidade foi a anfitrioa do torneo tanto da copa do rei, como da raíña. E que mellor ocasión para erguer o décimo título de copa para o Liceo. O último gañouno en 2004. Desta volta os homes de Juan Copa foron merecedores do trofeo, logo de eliminar ao Voltregá en cuartos, ao Caldes en semifinais e a todo un Barcelona, nunha final de infarto.

Noticias web

14/06/2021