CRTVG

Buscar

O Liceo gaña a décima Copa do Rei

Publicado o 13/06/2021 15:42

Impúxose por 3-2 ao Barcelona na final e volve erguer un trofeo que se lle resistía desde 2004

O Liceo impúxose por 3-2 na final de copa diante do Barcelona e gañou a décima Copa do Rei da súa historia, un trofeo que se lle resistía desde 2004. 

O acerto na bóla parada con dous goles de Adroher de falta directa e un de Carballeira de penalti foi determinante. O Barcelona conseguiu remontar un 2-0 inicial pero xa non foi capaz de empatar o 3-2 marcado por Adroher a falta de 7 minutos.