CRTVG

Buscar

O Liceo derrota 4-1 ao Voltregá en Riazor

Publicado o 19/02/2021 21:24

Nova vitoria e exhibición do Liceo na casa. Desta volta asoballou ao sexto clasificado, o Voltregá. O gran protagonista do encontro foi Jordi Adroher, que asinou un hat-trick. Marc Grau tamén colaborou na faceta goleadora ante un conxunto catalán que non tivo ningunha opción. A verdade é que desde a derrota ante o Barcelona o club coruñés leva 10 goles a favor e 1 en contra. O equipo de Juan Copa empata de xeito provisional no liderado precismaente co Barça, á espera do partido que os culés xogan o domingo co Noia. 

Noticias web

19/02/2021