CRTVG

Buscar

O Liceo busca dende o xoves en Riazor a súa décima Copa do Rei

Publicado o 09/06/2021 19:18

Este xoves comezan na Coruña as copas do Rei e da Raíña de hóckey. Como anfitrión, o Liceo quere poñer fin a un bo ano cun título: "É un bo ano para o equipo, non podemos imaxinar unha mellor forma de rematalo que cunha Copa do Rei", di Dava Torres.

Os liceístas van coa bitola de favoritos, e ademais xogan na casa á calor da súa xente. Pero aínda así, hai que empezar polo principio. Un Voltregá a quen na Liga derrotaron 4-1. O capitán liceísta sinala que "os títulos pesan moito e a nosa ilusión xogando no Liceo é gañarmos título e só temos unha idea nesta competición, pero todo pasa por gañarmos o primeiro partido e despois xa veremos".

Unha Copa do Rei que se resiste nos últimos anos recoñece o adestrador Juan Copa: "A Copa do Rei hai moitos anos que non se gaña, dende o 2004, e levamos dúas finais consecutivas, as últimas que se xogaron, porque o ano pasado non se xogou"

Coa memoria naquel ano 2004, os coruñeses queren pór o peche de ouro á temporada. "O que si imos tentar é terminar cun título, que seguramente, unido á liga que fixemos, vai falar moi ben do grupo", asegura o técnico liceísta.

 

Noticias web

09/06/2021