CRTVG

Buscar

O Leyma Coruña fallou o tiro para gañar a eliminatoria en Granada

Publicado o 09/06/2021 23:17

Zach Monaghan co 70-68 tivo a tripla para gañar a eliminatoria en Granada pero o seu tiro non acabou na rede da canastra andaluza. Nun partido moi igualado Granada será o que pelexe co Breogán polo ascenso á ACB. 

As defensas impuxéronse no primeiro tempo. Escasa anotación e malas porcentaxes nos dous equipos que sabían o moito que se xogaban. No segundo tempo Granada deu un estirón de dez puntos ao que respostou o Leyma Coruña grazas ao acerto de Dago Peña. O aleiro, con 21 puntos, mantivo o seu equipo con vida no partido.

A derrota pon o punto e final a unha temporada exitosa dos coruñeses á que só lle faltou a guinda final. 

Noticias web

09/06/2021