CRTVG

Buscar

O Leyma Coruña colócase no segundo posto, só por detrás do Breogán

Publicado o 18/04/2021 22:00

Na LEB Ouro, o Leyma Coruña completou o pleno de vitorias galegas nesta xornada. O equipo herculino realizou un dos partidos máis completos da temporada fronte ao potente Granada. Gañoulle con solvencia, por 16 puntos. O base Gaizka Maiza tomou a remuda nesta ocasión de Monaghan e con 14 puntos e 4 asistencias liderou ao seu equipo. Con esta vitoria, o Leyma colócase no segundo posto da clasificación e dá un paso de xigante para ter vantaxe de cancha nas eliminatorias polo ascenso.

Noticias web

18/04/2021