CRTVG

Buscar

O leste de Australia sofre as peores inundacións en cincuenta anos

Publicado o 22/03/2021 08:16

En Australia levan evacuadas unhas 18.000 persoas nos últimos días debido ás inundacións. A maioría pertencen á costa norte-central de Nova Gales do Sur e tamén hai uns 3.000 residentes no oeste de Sidney.

As autoridades declararon 38 localidades zonas de desastre natural debido á intensidade da chuvia que desde a semana pasada asolaga estradas e casas. Son as peores inundacións rexistradas na costa leste australiana en máis de cincuenta anos.

Noticias web

22/03/2021