CRTVG

Buscar

O lehendakari convoca as eleccións ao Parlamento vasco para o 12 de xullo

Publicado o 18/05/2020 20:17

Igual que nas tres convocatorias anteriores, en Euskadi votarán o mesmo día que en Galicia. O lehendakari anunciaba tamén hoxe o 12 de xullo como a data de celebración das eleccións ao Parlamento vasco. Facíao despois da reunión extraordinaria do seu goberno. Íñigo Urkullu considera que se dan todas as circunstancias para celebrar as eleccións  con "plenas garantías  para a saúde".

"Decidín convocar as eleccións ao Parlamento vasco o día 12 de xullo. Presento as razóns desta decisión. A primeira razón é sanitaria. O informe de saúde pública constata que a situación actual é significativamente mellor que a que deu lugar á declaración de emerxencia sanitaria hai dous meses", di Íñigo Urkullu, lehendakari.


 

Noticias web

18/05/2020