CRTVG

Buscar

O lago de Castiñeiras convértese nun escenario de música e danza

Publicado o 28/07/2021 22:13

O piano agarda tranquilo, pero no escenario participa o vento. E as butacas hai que traelas da casa. Os atractivos deste espectáculo non teñen teito. Convértese o lago de Castiñeiras nunha especie de anfiteatro natural para acoller 'O piano do lago'. É un orixinal concerto flotante que fusiona música clásica, danza e natureza. O seu principal obxectivo é que os asistentes gocen de todas as emocións e sensacións que pode transmitir a música, máis cando se fusiona cos estímulos da natureza.

O espectáculo é unha coprodución francesa e asturiana que visita por vez primeira Pontevedra e que percorrerá na súa xira xacobea 'O Camiño da auga' diferentes espazos acuáticos, lagos, encoros ou portos da Península Ibérica. Este xoves repetirán actuación en Marín.

 

Noticias web

28/07/2021