CRTVG

Buscar

O lago artificial das Encrobas abrirá ao público neste mes de maio

Publicado o 19/05/2021 15:03

Nos próximos días abrirá ao público o lago das Encrobas, en Cerceda. Un novo espazo natural de máis de 200 hectáreas que ocupa o oco da antiga explotación mineira de Meirama.

Transformar unha mina a ceo aberto en lago levou 13 anos e este é o resultado. Un espazo natural de 230 hectáreas que abrirá ao público antes de que remate maio.

Roberto González Philippon, director do proxecto en Naturgy: "Un espazo con vida que crea valor despois da explotación mineira do lignito".

Unha senda peonil de 6 quilómetros rodea o lago, un paseo onde gozar da biodiversidade dun lugar que xa descubriron falcóns, londras e raposos.

 Roberto González Philippon, director do proxecto en Naturgy: "Chegaron de xeito natural, porque é un sitio tranquilo e pechado, non se reintroduciron viñeron pola súa conta".

Os primeiros visitantes entrarán pola zona do aliviadoiro. O lugar desde o que pode saír a auga para abastecer a cidade da Coruña.

Noticias web

19/05/2021