CRTVG

Buscar

O K4, cos galegos Arévalo e Germade, consegue o pase ás semifinais facendo récord olímpico

Publicado o 06/08/2021 07:18
O K4, cos galegos Arévalo e Germade, consegue o pase ás semifinais facendo récord olímpico

A posta en escena do K4 500 español, en que están os galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade, non puido ser mellor.

Acadaron a clasificación para as semifinais ao gañaren a súa serie e non o fixeron de calquera xeito. Conseguírono facendo a mellor marca olímpica na distancia (1.21.658). De todos os xeitos terán rivales duros no camiño cara o ouro. Nesa mesma serie Eslovaquia estivo a moi bo nivel (+0,15 centésimas) e na outra serie en que competía o outro favorito, Alemaña, o tempo dos xermanos tamén foi bo (1,21,890) e sen teren que apertar o acelerador.

España competirá na segunda das semifinais xunto a Australia, Hungría, Canadá e Portugal o sábado ás 3:28 hora galega para meterse na gran final (ás 5:37 en Galicia).