O Jack Sparrow vigués querélase contra a xuíza que lle impediu casar disfrazado
Publicado o 07/06/2021 13:42

O coñecido como Jack Sparrow vigués, ao que a xuíza non deixara casar a primeira vez supostamente por ir disfrazado, presentou unha querela ante o Tribunal de Xustiza de Galicia contra a maxistrada por prevaricación. El ía vestido de pirata e a noiva co traxe de gala de galega.