CRTVG

Buscar

O IVE das máscaras multiplicarase por cinco en xaneiro

Publicado o 18/10/2021 14:15

Cinco veces máis teremos que pagar polo IVE das máscaras cirúrxicas en menos de tres meses. O novo ano traerá un incremento do imposto destes produtos de primeira necesidade que nos van acompañar polo menos ata a primavera, como salientou a ministra de Sanidade na súa última comparecencia: "As máscaras chegaron para quedar, polo menos mentres teñamos virus da gripe ou outros virus propios deste tempo outonal", dixo Carolina Darias. 

En xaneiro deixa de estar vixente o real decreto que en novembro de 2020 reduciu o IVE ao 4 %, polo que as máscaras volverán ser un artigo de luxo que pesará no peto dos cidadáns. Tampouco os profesionais apoian a suba do IVE, como afirma a farmacéutica Amil López Vieites: "Estamos en contra desta medida, posto que, de momento, vai seguir sendo obrigatoria en espazos pechados e centros de saúde, e como é unha medida de promoción da saúde temos que facilitar e garantir que a poboación teña acceso o mais económico posible a este medio de protección individual".

O aumento do IVE leva aparellado un 5,2 % de recarga de equivalencia que encarece aínda máis o prezo das máscaras.

 

 

Noticias web

18/10/2021