CRTVG

Buscar

O IPC subiu un 1 % en marzo en relación ao mes anterior

Publicado o 30/03/2021 09:13

1 %

O índice de prezos ao consumo  subiu un 1 % en marzo en relación ao mes anterior e situou a súa taxa interanual no 1,3 %, case 1,5 puntos por encima da de febreiro (0,0 %), segundo datos avanzados publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística.

Con esta repunta, coa que o IPC anual encadea a súa terceira taxa positiva consecutiva, a inflación sobe a niveis descoñecidos desde hai case dous anos. De feito, unha taxa de IPC tan alta non se alcanzou desde abril de 2019, cando se situou no 1,5 %.

O aumento dos prezos en marzo contribuíu principalmente á suba dos prezos da electricidade e dos combustibles, en contraste coa caída dos prezos experimentada en marzo de 2020.

 

Noticias web

30/03/2021