CRTVG

Buscar

O IPC sobe en outubro o 1 por cento

Publicado o 30/10/2019 10:22

O encarecemento da electricidade, compensado polo abaratamento do gas e dos carburantes, deixaron índice de prezos ao consumo do mes de outubro cunha suba do 1%.

Son os datos do IPC adiantado, que acaba de publicar o INE, e que supoñen un incremento interanual de só un 0,1%, o menor desde agosto de 2016. Os datos definitivos publicaranse o 14 de novembro.

En canto á evolución mensual dos prezos, o dato adiantado indica un repunte en outubro do 1 % con respecto a setembro.

Os prezos empezaron o ano cunha subida do 1 % en xaneiro e a evolución da taxa anual do IPC mantívose á alza ata abril: 1,1 % en febreiro, 1,3 % en marzo e 1,5 % en abril.

A partir de aí comezaron a moderarse as subidas: 0,8 % en maio, 0,4 % en xuño, 0,5 % en xullo, 0,3 % en agosto e 0,1 % en setembro.

A subida de setembro foi a máis baixa desde agosto de 2016, cando os prezos baixaron un 0,1 % anual, un nivel que se mantería se se confirma o dato de outubro adiantado este mércores.

O dato definitivo de inflación de outubro coñecerase o próximo 14 de novembro.

O INE tamén adiantou este mércores a variación do índice de prezos de consumo harmonizado (IPCA) -que permite realizar comparacións internacionais-, que rexistrou en outubro un avance anual do 0,2 %, a mesma taxa de setembro.

En termos mensuais, o  IPCA avanzou en outubro un 0,6 %.

Noticias web

30/10/2019