O investimento en Galicia cae un 19 % respecto aos presupostos do ano pasado
• O Goberno galego considera "decepcionantes" os orzamentos
• O Executivo eleva o gasto social, que leva o 57 % das partidas
Galicia é unha das seis comunidades autónomas que perde nas contas que presenta o Goberno. En concreto, o proxecto de presupostos contempla un investimento na nosa comunidade para 2019 de 757 millóns de euros. É un 19 % menos que o que recibiu o ano pasado.
Estes fondos representan pouco máis do 6 % do total das comunidades, cando nas contas do ano pasado supoñía o 9 %, baixando así tres puntos. Descende un posto na repartición e, con estas contas, situaríase de sexta en investimentos.
Pero ademais de Galicia, hai outras comunidades que tamén perden fondos, son o País Vasco, Cantabria, A Rioxa, Estremadura e Ceuta.
Pola contra, hai comunidades onde o investimento sobe considerablemente. No caso de Navarra, case se duplica con respecto ao ano pasado. Andalucía e Cataluña son as que máis fondos recibirían, superando os dous mil millóns de euros en cada caso.