CRTVG

Buscar

O inverno máis chuvioso das últimas dúas décadas

Publicado o 09/03/2021 13:53

Hoxe loce o sol, pero nos últimos meses a chuvia foi a nosa compañeira a diario. E non é para menos, choveu tanto, que había 20 anos que non se acadaban os rexistros deste inverno. No máis chuvioso, febreiro, os datos de precipitacións elévanse ata un 140 por cento por riba dos valores habituais.

Desde outubro ata unha decena de borrascas varreron a comunidade deixando os encoros ao seu nivel máximo de capacidade e os ríos desbordados.

"Para min o máis frío"

Pero os datos din que non. A temperatura media deste inverno é de case 9 graos, o normal para esta época.

Noticias web

09/03/2021