CRTVG

Buscar

O intenso frío afecta os animais da protectora de Lugo

Publicado o 09/01/2019 14:10

A vaga de frío tamén se deixa sentir, e moito, en sitios coma este. Son as instalacións da protectora de animais de Lugo. Aquí dan acollida actualmente a uns 350 cans e á situación, xa complicada de por si polo elevado número de animais, súmanse as inclemencias do tempo. O intenso frío non só afecta a saúde de moitos cans, senón que complica o seu coidado. A auga dos bebedeiros e das tubaxes mesmo chegou a conxelarse.

Para tentar paliar en certa media esta situación pediron a doazón de mantas e cartóns, que foi atendida por numerosos veciños, pero a necesidade de axuda vai moito máis aló. Urxe a adopción ou o acollemento temporal destes animais.

A protectora de animais de Lugo leva anos agardando unha ampliación das súas instalacións para poder atender mellor os animais. Traballan aquí sete persoas e contan coa colaboración duns 70 voluntarios.

Noticias web

09/01/2019