CRTVG

Buscar

O inicio dun novo ano trae consigo propósitos que non sempre se cumpren

Publicado o 01/01/2019 20:14

Todos os anos pasa o mesmo. Comeza o ano e emocionámonos cos propósitos que imos levar a cabo nos vindeiros doce meses. Pero moitas veces a realidade é que vai pasando o tempo, e caen no esquecemento. Aínda así, sempre hai excepcións.

Para este ano semella que son maioría os que apostan por facer deporte e viaxar máis. Son novos retos e ilusións para este ano que comeza a dar os seus primeiros pasos. Cando remate veremos se os cumpriron ou non.

Noticias web

01/01/2019