O INE avanza a perda dun ano de esperanza de vida en España
Publicado o 23/09/2020 17:13
Sinala o INE que ao remate deste ano morrerán en España 51.000 persoas máis ca en 2019. Iso é unha sobremortalidade do 12%. O numero total de defuncións superará as 466.000, fronte ás 415.000 do ano pasado. Ademais, o INE rebaixa a esperanza de vida nun ano. Todo a causa do coronavirus.
O Goberno segue sen achacar á pandemia o exceso de mortes que vaticina esta proxección do Instituto Nacional de Estatística.