CRTVG

Buscar

O índice de prezos ao consumo sobe ata o medio punto no mes de xaneiro

Publicado o 12/02/2021 11:01

O Instituto Nacional de Estatística acaba de publicar os datos do índice de prezos ao consumo, e parece que soben logo de 9 meses seguidos de estar en negativo. 

Sobre todo, pola luz. A suba nas facturas que vimos no mes pasado por mor do temporal marcou esta suba nos prezos da cesta da compra para as familias. Pero non só foi a luz, tamén subiron os legumes ou a auga mineral.

Así que a taxa interanual, o que cambian os prezos no prazo dun ano, sobe ata chegar ao medio punto. Iso supón que despois de nove meses de estar en negativo, parece que os prezos empezan coller xa un certo voo.

Galicia está unha décima por baixo da media española, cun 0,4 %, xunto con Cataluña, Murcia, Asturias, Castela e León e Madrid. Pechan a lista as Canarias, Castela-A Mancha e a Rioxa.

Hai que lembrar que este estudo do IPC correspondente a xaneiro é o primeiro en que para calculalo xa se fixeron correccións polos novos datos de consumo derivados da pandemia.

Noticias web

12/02/2021