O independentismo mobilízase diante do Consulado de Italia en Barcelona
Publicado o 24/09/2021 09:49
O independentismo comeza a mobilizarse ante a detención de Puigdemont. A Asemblea Nacional Catalá convocou unha manifestación dende as nove desta mañá fronte á sede do Consulado de Italia en Barcelona. Asegura que España engana a Luxemburgo coa orde de detención e que non hai acordo posible con quen salta as normas máis básicas.