O incremento de casos sitúa A Pobra preto do nivel máximo de restricións
A día de hoxe, en nivel alto de restricións, na Pobra os veciños aproveitan as terrazas ante o temor dun novo peche tras a evolución de casos positivos rexistrados, 29 nos últimos 7 días, e 44 en 14. Unha posibilidade que xera cansazo pero que aceptan con resignación. Tamén os hostaleiros apuran os servizos que lle permite a atención que poden dispensar no nivel alto coas terrazas ao 50 por cento. Cren que un novo peche do sector non é a solución e demandan novas medidas.
Cren que a hostalería garante a seguridade e que os contaxios se producen noutros ámbitos como empresas e sobre todo dentro dos fogares. Haberá que agardar á reunión do comité clínico esta tarde para saber se A Pobra entra por terceira vez no que vai de ano no temido nivel máximo de restricións.