Alerta de calote: se lle chega o correo "Acción fiscal" de Axencia Tributaria, elimíneo
Publicado o 07/04/2021 13:46

Hoxe empeza a campaña da declaración da renda 2020 e desde o Instituto Nacional de Ciberseguridade alertan dunha fraude para roubar datos. Trátase dun código maliciouse, ou malware, que chega ao correo electrónico facéndose pasar pola Axencia Tributaria.
Baixo o asunto "Acción fiscal", ten como obxectivo roubar datos persoais do usuario ou usuaria. Desde o Incibe piden que ese correo non o abra e que o elimine.