O incendio nunha factoría química de Illinois obriga a evacuar varios centos de persoas.
Publicado o 15/06/2021 08:25

O incendio nunha factoría química de Illinois obriga a evacuar varios centos de persoas. O lume desencadeouse na fábrica de Chemtool, na localidade de Rockton, tras unha explosión á primeira hora deste luns. Nese momento estaban nas instalacións uns setenta empregados, que foron evacuados de xeito seguro.
Os bombeiros decidiron deixar que o produto se queime, porque o uso de moita auga suporía un risco alto de contaminación do río próximo.