O incendio nunha cociña obriga a desaloxar un edificio na Guarda
Publicado o 06/04/2021 21:51
Un incendio nun edificio obriga a desaloxar varias vivendas no centro da Guarda. O lume comezou pouco despois das sete da tarde na cociña dun terceiro piso. Afortunadamente, os bombeiros conseguiron controlar as lapas. E o lume non chegou a afectar outros pisos. Só unha persoa está afectada por inhalación de fume.