CRTVG

Buscar

O incendio nun piso obriga a desaloxar provisionalmente un edificio en Vilagarcía

Publicado o 14/06/2021 10:07
O incendio nun piso obriga a desaloxar provisionalmente un edificio en Vilagarcía

Un incendio nun piso obrigou a desaloxar, de xeito provisional, un edificio de sete andares en Vilagarcía de Arousa. A Policía Local alertou pasadas as oito da tarde ao 112 de que había un lume no interior dunha vivenda na Avenida de Rosalía de Castro.

O 112 avisou os bombeiros de Vilagarcía, a Policía Nacional e os servizos sanitarios. Tras o remate da extinción do lume, os bombeiros confirmaron que ardera o mobiliario dun piso e que os sete andares do edificio se viron afectados polo lume e houbo que desaloxar aos veciños. Regresaron ao interior das súas vivendas unha vez rematadas as tarefas de ventilación. O 112 manifestou que non houbo que lamentar danos persoais.

Noticias web

14/06/2021